comercial

comercial

(< lat commerciāle)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao comercio.

    Ex: A actividade comercial é a principal fonte de ingresos do país. O centro comercial inaugurarase a próxima semana.

  2. adx
    1. Que se fai coa intención de ter boa aceptación no mercado, xeralmente diminuíndo a calidade do produto.

      Ex: É un escritor de novela comercial que non carece de interese literario.

    2. Aplícase ao autor ou artista que realiza unha obra aceptada polo mercado, xeralmente de baixa calidade.

      Ex: Encargáronlle a película a un director moi comercial.

  3. s

    Persoa que representa unha empresa vendendo e promocionando os seus produtos e servicios.

    Ex: Os comerciais da inmobiliaria traballan a comisión.

Palabras veciñas

comenzo | comer | comerciable | comercial | comercialización | comercializar | comerciante