Compañía Marías

Compañía Marías
[ESPECT]

Agrupación profesional de teatro creada en 1992 por María Pujalte e María Rodríguez Bouzas, coa finalidade de explorar novas liñas de realización teatral, entre elas o teatro de variedades, ao que incorporaron unha forte dimensión crítica, irreverente e sarcástica, con espectáculos, como Fisterra Broadway (1992) ou Amén (1995), con textos e dirección de Xavier Picallo. Tamén hai que destacar outras propostas como Squash (1994) ou A voda dos moinantes (1996), con dirección de Kiko Cadaval, a partir de textos de Ernesto Caballero e John Millington Synge. Recibiu varios Premios Compostela á mellor interpretación e ao mellor espectáculo.