compost

compost

(

s m [AGR/MICROB]

Produto sólido similar ao humus empregado para fertilizar e acondicionar solos. Constitúe unha mestura de materia orgánica de menor contido en elementos nutrientes básicos, N, P e K que os fertilizantes naturais pero mellor ca eles en contido de humus e capacidade para mellorar a estrutura do solo. É o produto resultante da descomposición e transformación de substancias orgánicas diversas, especialmente dos residuos orgánicos procedentes de diferentes actividades humanas como as domésticas ou as industriais.