Compostela

Compostela
[ONOM]

Antigo prenome feminino que significaba ‘feitiña, ben composta’ e que, segundo o Códice Calixtino (s XII), deu lugar ao topónimo homónimo. Outra teoría ve, en cambio, a orixe deste nome de lugar en campus stellae ‘campo da estrela’, que aludiría á estrela que lles serviu a Pelaxio e a Teodomiro de guía para atoparen o sepulcro do apóstolo. Segundo o Cronicón Iriense (ss XI-XII), derivaría de compositum tellus ‘terra composta ou fermosa’; por outro lado, a crónica de Sampiro (s XII) di Compostella, id est bene composita ‘Compostela, a ben composta’. Finalmente, outra hipótese relaciona este topónimo cun posible composto céltico de comboros ‘entullo’ + steel ‘ferro’. A súa festividade celébrase o 25 de xullo.

Palabras veciñas

compost | compostaxe | Compostela | Compostela | Compostela | Compostela | Compostela