compostaxe
(
Proceso biolóxico aeróbico no que os microorganismos, baixo condicións controladas, descompoñen e transforman a materia orgánica biodegradable nun material estable aplicable ao chan como abono ou emenda orgánica denominada compost. A eficiencia do proceso depende dunha serie de factores como son a temperatura, a humidade, o pH, a dispoñibilidade de osíxeno, o balance de nutrientes (fundamentalmente carbono e nitróxeno) e a presenza dunha poboación microbiana capaz de descompoñer a materia orgánica. Para conseguir unha boa compostaxe téndese a mesturar produtos residuais de características complementarias. Clasifícanse os diferentes sistemas de compostaxe en dous grupos: os baseados na compostaxe en montóns, feitos directamente sobre o chan ou en zonas pavimentadas e aireadas mecanicamente, e os baseados na compostaxe acelerada, é dicir, na utilización dun reactor ou dixestor.