comunitarismo

comunitarismo
s m [POLÍT/SOCIOL]

Movemento intelectual desenvolvido fundamentalmente na década dos oitenta nos EE UU que supón unha crítica frontal ao liberalismo. Os partidarios do comunitarismo coinciden na defensa dunha noción positiva de liberdade; sen embargo, coexisten dúas tendencias opostas en relación coas solucións propostas para resolver a situación: por un lado, aquela que busca a revitalización da sociedade a través da redefinición da familia, a localidade ou a relixión; e, por outro, aquela de carácter máis político que propugna a creación de verdadeiras democracias participativas.

Palabras veciñas

comunismo | comunista | comunitario -ria | comunitarismo | Comunitel | comuñón | Comuñón Anglicana