cóndor
(
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave preeira da familia dos catártidos, duns 3 metros de envergadura, coa cabeza e o pescozo desprovistos de plumas. Remonta o voo grazas ás correntes ascendentes de aire quente sobre as que plana en grandes círculos, na procura dos cadáveres que detecta visualmente. Aniña en cantís e ten unha taxa de reprodución moi baixa, xa que non acada a madureza sexual ata os 6 ou 7 anos e cría un só pito cada dous anos. Os animais novos teñen a cabeza e o pescozo cubertos de penuxe.
-
cóndor andino
[ANIMAL/ORNIT]
Ave cun colar de plumas de cor branca que se distribúe pola cordilleira dos Andes, dende Venezuela ata Patagonia, e alcanza os 7.000 m de altitude.
-
cóndor californiano
[ANIMAL/ORNIT]
Ave cun colar de plumas de cor negra que se distribuíu polo oeste dos EE UU. Foi perseguido e cazado ata a súa case total extinción porque se consideraba un depredador do gando. Na década dos oitenta, cando só quedaban 17 exemplares, principiou un programa de cría en catividade que fixo aumentar o número de individuos, de xeito que se puido realizar unha solta controlada nas áreas que ocupou orixinariamente.