condottiere*
condottiere*
s
m
[BÉL]
Capitán dos exércitos mercenarios que se formaron entre os ss XIV e XVI, sobre todo nos estados italianos. Poñíanse ao servizo dun Estado a cambio dunha retribución graduada para todos os membros da súa compañía. Tanto o servizo como a retribución estaban estipulados nun pacto ou condotta entre as dúas partes. Desde finais do s XIII os seus servicios preferíronse aos das antigas hostes feudais, e en Italia impuxéronse completamente ata mediados do s XVI. Destacaron, entre outros, John Harwkwood, coñecido como Giovanni Acuto, e Bartolomeo Colleoni. Desapareceron coa formación dos exércitos permanentes.