Confederación Peruano-Boliviana
Confederación Peruano-Boliviana
Estado formado pola unión de Bolivia e Perú en 1836. O Pacto de Tacna (1837) concedeu a presidencia da Confederación ao boliviano Andrés de Santa Cruz e dividiu o novo estado en tres repúblicas confederadas: Bolivia, o norte de Perú e o sur de Perú. Chile e Arxentina declaráronlle a guerra; trala Batalla de Yungay (1839) a Confederación disolveuse.