conferencia
(
-
-
s
f
Asemblea ou reunión de varias persoas para tratar cuestións políticas, científicas, sociais ou outras, especialmente cando os participantes representan un determinado país.
Ex: Celebrouse unha conferencia na que se tentaron solucionar os problemas do medio ambiente.
Confrontacións: convención. -
conferencia eclesiástica /
[DER/RELIX]
Reunión do clero dunha circunscrición eclesiástica que posteriormente se substituíu por xornadas ou semanas de estudio.
-
conferencia episcopal /
[DER/RELIX]
Reunión do episcopado dun Estado ou dunha rexión eclesiástica e do correspondente organismo de coordinación. É unha institución de carácter permanente, composta polos bispos dun Estado, na que se realizan conxuntamente tarefas pastorais e que, de forma moderada, tamén pode desenvolver funcións administrativas e normativas. O Concilio Vaticano II deulles consistencia e pulo ás conferencias nacionais, e o Código de Dereito Canónico de 1983 regulamentou o seu funcionamento. A súa creación, suspensión ou cambio pertencen en exclusiva á Sé Apostólica.
-
conferencia internacional
[POLÍT]
Reunión diplomática convocada por un Estado ou por unha organización internacional para tratar temas de interese común ou para negociar a conclusión dun tratado.
-
s
f
-
s
f
Discurso, especialmente de carácter didáctico, no que se tratan en público diferentes temas.
Ex: A súa conferencia tratou a obra do científico exiliado. O profesor visitante deulles unha conferencia ós alumnos de primeiro de filoloxía.
Confrontacións: charla, disertación. -
s
f
Comunicación telefónica interurbana ou internacional.
Ex: Pagou moito de teléfono polas conferencias que fixo.
-
conferencia de prensa
Reunión na que unha ou diversas persoas responden ás preguntas que lles fan os xornalistas.