convención
(< lat conventĭōne‘pacto’)
-
s
f
-
Acordo que se establece entre varias persoas sobre un asunto relevante e común.
-
[DER]
Axuste e concerto entre dúas ou máis persoas ou entidades que se constitúe como un negocio xurídico bilateral de natureza patrimonial (contrato) ou doutra clase (como o matrimonio). Deste xeito, todo contrato é unha convención, pero non toda convención pode considerarse un contrato.
-
[DER]
Acto xurídico internacional entre dous ou máis estados que establecen acordos sobre normas xurídicas ou que regulan importantes intereses colectivos. Entre outras, destaca a Convención de Xenebra de 1863 pola que se creou a Cruz Vermella.
-
-
s
f
-
Aquilo que se establece por acordo expreso ou tácito entre os homes e que se constitúe como costume, opinión ou regra.
Ex: As convencións sociais obrigárono a actuar así.
Sinónimos: convencionalismo. -
[LIT]
Conxunto de regras, técnicas e recursos fixados polo costume ou pola tradición e admitidos como modelos para a creación artística. Son convencións literarias os xéneros (épica, lírica e dramática), as formas métricas, as figuras retóricas, a rima, etc. A aceptación dalgunhas delas foi un feito permanente e xeneralizado, mentres que outras teñen unha vixencia limitada a un período determinado ou a unha cultura concreta, como a lírica trobadoresca ou as novelas de cabalería.
-
-
s
f
-
Reunión de persoas dun mesmo oficio para tratar asuntos profesionais.
Ex: Vaise celebrar unha convención sobre os novos avances médicos.
Confrontacións: asemblea, conferencia, congreso, simposio. -
[POLÍT]
Asemblea de representantes do pobo reunida para dar vida a un novo estado, para elaborar unha constitución ou modificala, ou para substituír ou cambiar as formas de goberno existentes. Entre outras destacan a Convención de Philadelphia de 1787, que elaborou a constitución federal dos EE UU, e a Convención francesa de 1792 que redactou a primeira constitución da República Francesa.
-
[POLÍT]
Congreso de delegados dun partido político encargado de designar os candidatos a un cargo electivo, fixar o programa político ou preparar a campaña electoral; nos EE UU este tipo de asembleas realízanse para elixir o candidato a presidente e vicepresidente.
-
-
convención teatral
[ESPECT]
Conxunto de acordos, implícitos ou explícitos, que se establecen entre a escena e a platea, entre os creadores teatrais e os espectadores, para regular os procesos de comunicación teatral, e que, en determinados momentos, configuran diferentes movementos, correntes e tendencias artísticas, pero que tamén teñen especial relevancia nas tradicións teatrais non europeas, como as que existen en países como a India, o Tibet, Xapón, Indonesia ou China. Nese sentido, cada cultura, cada época histórica e cada xénero dramático e teatral, presenta un conxunto de convencións específicas que deben ser aceptadas e coñecidas polos espectadores para que estes poidan seguir o curso da representación sen interferencias de ningún tipo. Así, as convencións que xustificaban a posta en escena no teatro barroco español non eran as mesmas que rexían no teatro naturalista francés, e un exemplo ben coñecido de convención foi o aparte, estratexia pola que un personaxe expoñía en voz alta os seus pensamentos coa intención de informar o publico das súas ideas e intencións, sen que os outros personaxes presentes na escena chegasen a escoitar o que dicía. Na historia do teatro e da literatura dramática podemos analizar o desenvolvemento de convencións concretas, relacionadas co predominio dunha orientación estética determinada, das linguaxes escénicas e dos elementos de significación que a definen; unha orientación que, co andar do tempo, pasa a ser substituída por unha nova convención, que establece as súas propias normas e valores artísticos.