confrontación

confrontación

(

  1. s f

    Acción e efecto de confrontar ou confrontarse.

    Ex: A confrontación das diferentes opinións revelou os distintos intereses das partes.

    Confrontacións: cotexo.
  2. s f [MED]

    Investigación da compatibilidade entre elementos orgánicos (sangue, leucocitos, pel, etc), procedentes de individuos diferentes, mediante técnicas baseadas no feito de poñelos en contacto.

  3. confrontación de letras [DER]

    Proba pericial que consiste en recoñecer ou negar a autenticidade dun documento privado presentado en xuízo ou as sinaturas que nel figuran.

  4. confrontación de testemuñas [DER]

    Exame simultáneo en instancias xudiciais de dúas testemuñas para descubrir a posible contradición entre elas.

Palabras veciñas

confraternidade | confraternizar | confrontable | confrontación | confrontante | confrontar | confucianismo