congregación
(
-
s
f
Acción e efecto de congregar ou congregarse.
Ex: Houbo unha congregación de antigos alumnos para organizar unha cea.
Sinónimos: reunión, unión. -
[RELIX]
-
s
f
Asociación de fieis, con votos ou sen eles, que se reúnen baixo unha advocación relixiosa, para o exercicio da piedade e con finalidades apostólicas.
Ex: Reuniuse a congregación para decidir o itinerario nas procesións de Semana Santa.
Sinónimos: confraría. -
congregación mariana
Asociación de cregos e laicos que ten por finalidade promover a fe cristiá mediante a espiritualidade litúrxica, a piedade mariana, o sentido da Igrexa, os exercicios de santo Ignacio e as actividades apostólicas. As congregacións marianas xurdiron en 1560 no Colexio Romano dos xesuítas, e Gregorio XIII erixiunas canonicamente en 1584. No 1968 iniciouse outro período coa aprobación dos novos estatutos, inspirados no Concilio Vaticano II, que permitiron cambiar o nome tradicional polo de comunidades de vida cristiá.
-
s
f
-
s
f
[RELIX]
-
Comunidade reunida para o culto nas igrexas da Reforma.
-
Comunidade local de crentes, sobre todo o estamento laical que a forma.
-
-
congregación monástica
[RELIX]
Unión de diversos mosteiros que dependen dun único superior, pero que conservan a súa independencia.
-
congregación relixiosa
[RELIX]
Compañía de relixiosos ou relixiosas que soamente fan votos sinxelos; estes poden ser perpetuos ou temporais.
-
congregación romana
[RELIX]
Cada unha das comisións ordinarias, integradas na curia romana, que asisten o Papa no goberno da Igrexa, con potestade administrativa na súa competencia. Sisto V (1588) foi o primeiro en estruturar o corpo das congregacións. Dende 1988 existen novas congregacións: para a doutrina da fe, para as Igrexas orientais, para o culto divino e a disciplina dos sacramentos, para as causas dos santos, para os bispos, para a evanxelización dos pobos, para o clero, para as institucións de vida consagrada e as sociedades de vida apostólica, e para os seminarios e institutos de estudios. Así mesmo, establecéronse doce consellos pontificios (para os laicos, para a unidade dos cristiáns, etc), tres tribunais (penitenciaría apostólica, sinatura apostólica e rota romana) e tres oficinas (cámara apostólica, administración do patrimonio de sé apostólica e prefectura dos asuntos económicos da Santa Sé).