Conocephalum

Conocephalum
[PLANTA]

Xénero de hepáticas talosas dioicas de talo plano, provisto dun bordo ondulado, cunha superficie cuberta de grandes poros respiratorios, de cor verde escura e de ata 20 cm de lonxitude e 1 cm de ancho, que se ramifica, as máis das veces, de forma dicótoma. Na Península Ibérica está presente a especie C. conicum que habita en substratos húmidos, especialmente preto de cursos de auga.

Palabras veciñas

connubio | 1 cono | 2 cono | Conocephalum | Conocybe | conoidal | conoide