consecutivo -va
(< lat consecūtu, p p de consĕqui‘seguir’)
-
adx
Que sucede ou segue inmediatamente a algo. OBS: Normalmente, úsase en plural.
Ex: Tivemos que escoitar, sen descanso, catro conferencias consecutivas.
-
[LING]
-
adx
Que expresa consecuencia.
Ex: Oracións consecutivas.
-
conxunción consecutiva
Conxunción que introduce a claúsula que indica o efecto ou consecuencia do expresado na cláusula antecedente. En galego son conxuncións consecutivas, entre outras, que, logo, entón, pois, conque, etc, e locucións conxuntivas así que, de modo que, de maneira que, de xeito que, polo tanto, xa que logo, etc (
Ex: Ti saíches antes, polo tanto non sabes qué pasou no interior da casa). Ás veces, a bipolaridade consecutiva márcase nas dúas cláusulas que compoñen a oración: o primeiro elemento da correlación (tan/tanto) figura na cláusula antecedente ou causa e o segundo (que), na consecuente ou efecto (Ex: Tanto bebeu que se emborrachou).
-
adx