contestar

contestar

(< lat contestāri‘testemuñar’)

  1. v t
    1. Dicir ou escribir algo en resposta ao que alguén dixo ou escribiu anteriormente.

      Ex: Contesteille a carta o mesmo día que a recibín. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Faleille cando o vin e non me contestou.

      Sinónimos: responder.
    2. Emitir os animais os seus sons característicos en resposta a algo.

      Ex: Cando a leoa ruxía, o seu cachorro contestaba.

      Sinónimos: responder.
    3. Responder de forma verbal ou escrita unha pregunta que fai alguén.

      Ex: Contestei todas as cuestións do exame en tres folios. Durante o interrogatorio non contestou a unha soa pregunta.

  2. v t

    Rexeitar enerxicamente ou non estar de acordo con algunha autoridade, acto de goberno, situación establecida, ideoloxía ou outro estado de cousas, especialmente incidindo na disconformidade cun acto de protesta.

    Ex: Os estudiantes contestaron o novo rector.

    Sinónimos: controverter, discutir. Confrontacións: protestar.
  3. v i

    Dicir ou escribir a alguén como resposta ou comentario a unha pregunta, chamada ou expresión anterior.

    Ex: Dixen o seu nome en alto e contestoume o seu irmán. Ninguén contestou cando chamei por teléfono.

  4. v i

    Actuar dunha determinada maneira en resposta á actuación de alguén.

    Ex: Alzou a man e contestou ó meu saúdo. Ó seu grito contestoulle cunha labazada.

    Sinónimos: responder.
  5. v i

    Amosarse disconforme ou opoñerse a aquilo que se ordena.

    Ex: É preferible que non lle contestes porque che vai ser peor.

    Sinónimos: protestar, replicar. Confrontacións: retrucar.
Conxugar
VERBO contestar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contesto
contestas
contesta
contestamos
contestades
contestan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contestaba
contestabas
contestaba
contestabamos
contestabades
contestaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contestei
contestaches
contestou
contestamos
contestastes
contestaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contestara
contestaras
contestara
contestaramos
contestarades
contestaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contestarei
contestarás
contestará
contestaremos
contestaredes
contestarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contestaría
contestarías
contestaría
contestariamos
contestariades
contestarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conteste
contestes
conteste
contestemos
contestedes
contesten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contestase
contestases
contestase
contestasemos
contestasedes
contestasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contestar
contestares
contestar
contestarmos
contestardes
contestaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
contesta
-
-
contestade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contestar
contestares
contestar
contestarmos
contestardes
contestaren
Xerundio contestando
Participio contestado
contestada
contestados
contestadas