responder
(
-
v t
Contestar algo ao que se pregunta ou se propón.
Ex: Responderon que si. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Nunca respondía.
-
v t
Cantar ou recitar en correspondencia con outra persoa que canta ou recita.
Ex: As monxas respondían cada salmo do bispo.
-
v t
Emitir os animais os seus sons caracerísticos en resposta a algo.
Ex: Os cachorros responden a chamada da nai.
Sinónimos: contestar. -
v i
Contestar a unha comunicación, chamada ou petición.
Ex: Non respondía ás insinuacións do rapaz.
-
v i
Reaccionar algo a unha acción.
Ex: O organismo respondeu ben ao transplante de corazón.
-
v i
Dar ou ter algo ou alguén o resultado esperado.
Ex: Carga o que queiras que a furgoneta responde.
-
v i
Amosarse disconforme ou opoñerse a aquilo que se ordena.
Ex: Non respondas a teu pai.
Sinónimos: contestar. -
v i
Ter a causa ou orixe de algo.
Ex: A realidade do pobo responde a tantos anos de represión.
Confrontacións: obedecer. -
v t
Axustarse a algo.
Ex: Responde ao modelo de beleza da época.
-
v i
Corresponder cunha acción á realizada por outro.
Ex: Responderon aos ataques do inimigo.
Sinónimos: contestar. -
v i
Facerse responsable dunha persoa ou cousa.
Ex: Eu respondo da súa profesionalidade.
-
v i
Facerse responsable das obrigas de alguén.
Ex: Seu pai responde por el.