convencional

convencional

(

  1. adx

    Que é resultado dunha convención.

    Ex: Os signos de puntuación empréganse de xeito convencional.

  2. adx

    Establecido por costume.

    Ex: Tomar o té ás cinco en Inglaterra é un feito convencional.

    Sinónimos: tradicional.
  3. adx

    Que se establece por convención social e resulta falto de sentimentos auténticos, naturais e espontáneos.

    Ex: Sempre mostra un sorriso convencional nas cerimonias ás que asiste.

  4. adx

    Que é clásico e non ten innovacións con respecto aos modelos tradicionais.

    Ex: Na guerra non usaron armamento convencional.

    1. adx

      Relativo ou pertencente á Convención Nacional francesa.

    2. s m [HIST]

      Membro da Convención Nacional francesa (1792 -1795).