conversión
(< lat conversĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de converter ou de converterse.
Ex: Os feiticeiros tentaban a conversión dos metais en ouro. A conversión dos pagáns ó cristianismo foi frecuente desde a época dos romanos. A conversión da fécula en dextrina é un proceso bioquímico.
Sinónimos: convertemento. -
s
f
[ECON]
Cambio de títulos de débeda pública por outros doutra emisión ou con diferentes condicións.
-
[FÍS]
-
s
f
Cambio do valor numérico dunha magnitude física que acontece como consecuencia de empregar, para medila, unha unidade de medida diferente. Os factores que o fan posible reciben o nome de factores de conversión e son a expresión do valor numérico dunha unidade en termos da outra.
-
conversión interna
Fenómeno de descomposición radioactiva no que un núcleo atómico excitado transfire o exceso de enerxía a un electrón orbital, denominado electrón de conversión, que se desprende do átomo de enerxía relativamente alta. O espectro de enerxías dos electróns de conversión é discontinuo. A conversión interna tende a disipar o exceso de enerxía, que non é suficiente para producir unha emisión de partículas (α ou β) ou raios γ.
-
s
f
-
s
f
[LING]
Paso dunha categoría a outra por medios morfolóxicos que non alteran a base das palabras, na terminoloxía do Círculo Lingüístico de Praga. Así, sobre a base com- pódese formar o verbo comer, o adxectivo comido ou os substantivos comedor e comida.
-
s
f
[LIT]
Figura estilística que consiste en empregar a mesma palabra no final de dúas ou máis frases ou cláusulas.
Sinónimos: epístrofe. -
s
f
[FILOS]
Acción de converter unha proposición na súa inversa, na que o predicado é o suxeito da primeira e viceversa. Admítense tres tipos: a conversión simple, na que suxeito e predicado conservan a cantidade e a extensión (
Ex: Ningún can é bípedo; ningún bípedo é can); a conversión por accidente, na que se conserva unicamente a extensión (ex: Todos os tigres son carnívoros; Algúns carnívoros son tigres); e a conversión por contraposición, na que suxeito e predicado se converten, a través da anteposición da negativa, en cada un dos termos invertidos (Ex: Todos os homes son mortais; ningún home é inmortal; ningún inmortal é home).
-
s
f
[BÉL]
-
Evolución que segue unha escuadra formada en liña de fronte cando quere cambiar de rumbo por movemento simultáneo, de xeito que os navíos describen arcos concéntricos ao redor dun buque que fai de eixe de xiro.
-
Acción de cambiar unha tropa de fronte xirando ao redor dun eixe fixo ou móbil.
-
-
s
f
[PAT]
Mecanismo de formación de síntomas neuróticos que funciona especialmente na histeria de conversión.
-
s
f
[FÍS]
Transformación dun elemento fértil nun físil, capaz de manter a reacción en cadea dentro dun reactor nuclear.
-
s
f
[INFORM]
Transformación que deixa invariable o contido da información como, por exemplo, a codificación e a decodificación (que son conversións de código) ou o paso dunha representación analóxica a outra dixital, ou viceversa.
-
conversión fáxica
[MICROB]
Adquisición de novas propiedades por parte dunha bacteria, asociada á infección por un fago lisoxénico, que integra o seu xenoma no da bacteria.
-
conversión xénica
[XEN]
Alteración nunha das dúas cadeas dun fragmento de ADN bicatenario, que fai que as dúas cadeas sexan complementarias nunha rexión onde antes había un erro de emparellamento.