convite

convite

(

  1. s m

    Acción e efecto de convidar.

    Ex: Aceptei gustoso o convite.

    Sinónimos: invitación.
  2. s m

    Banquete con invitados para celebrar algunha cousa.

    Ex: O convite do seu aniversario íase celebrar nun pequeno mesón.

    Confrontacións: albaroque, corrobra, festín.
  3. convite fúnebre [ETN]

    Comida que, antigamente e en moitas aldeas, se poñía o día de defuntos para os mortos, xa que se consideraba que estes tamén precisaban o auxilio corporal dos seus familiares. Este costume desapareceu pouco a pouco, aínda que non totalmente. Hai quen asegura que esta comida tivo por base nos seus primeiros tempos a necesidade de evitar que os curas que acudían ás exequias e os amigos que viñan de lonxe volvesen aos seus fogares sen comer, xa que os funerais e o enterro terminaban entre a unha e as dúas da tarde, e a hora de xantar para as xentes do campo galego é xeralmente a do mediodía. Así, a familia do morto evitaba a desconsideración de deixar marchar con fame os que viñeran e darlles unha proba de afecto. Este costume conservouse a través do tempo aínda que foi prohibido polos concilios e sinodais dos ss XI ao XVI. Non é privativo de Galicia, pois tamén existiu noutros países como Irlanda.

Refráns

  • Negra é a cea na casa allea; mais inda é máis negra para quen dá a cea.
  • Non convides os amigos con cantos de paxaros e gracias de meniños.
  • Non hai coma sentarse a mesa posta sen saber o que costa.
  • Non hai mala comida para quen se convida.
  • O que está no papo non pode estar no prato.
  • Quen ve a mesa posta, non sabe o que costa.

Palabras veciñas

convincente | convindo -da | convir | convite | convito -ta | convitor | convitorio