Cooper, parellas de

Cooper, parellas de
[FÍS]

Parellas de electróns unidos polo intercambio de fonóns virtuais ou imaxinarios que, segundo a teoría BCS, explican o efecto da supercondutividade. Para que os dous electróns estean ligados, a enerxía total da parella ten que estar por debaixo do nivel de Fermi nunha cantidade determinada.