copernicano -na

copernicano -na

(< antropónimo Mikolaj Kopernik)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Mikolaj Kopernik ou ás súas teorías.

  2. adx e s

    Que ou quen segue as teorías de Mikolaj Kopernik.

  3. sistema copernicano [ASTRON]

    Modelo heliocéntrico do Universo no que os planetas, incluída a Terra, describen órbitas circulares ao redor do Sol. Segundo esta teoría, as estrelas fixas están sobre unha esfera inmóbil centrada tamén no Sol, e a Terra fai unha rotación diaria. O sistema copernicano permitía explicar a rotación diúrna das estrelas, o movemento retrógrado aparente do Sol ao longo do zodíaco, a retrogradación aparente dos planetas e as estacións da Terra. Substituíu o sistema ptolemaico aínda que, como só consideraba movementos circulares uniformes, tivo que conservar as nocións de epiciclo e deferente co fin de facer coincidir as súas predicións coas observacións dos movementos planetarios. O modelo superouse cando Kepler enunciou a súa teoría das órbitas elípticas.