Copenhaguen, Círculo Lingüístico de

Copenhaguen, Círculo Lingüístico de

ou Escola de Copenhaguen Grupo de lingüistas dinamarqueses reunidos, dende 1934, ao redor de Viggo Brøndal e Louis Hjelmslev. Viggo Brøndal consideraba que o obxectivo da lingüística era atopar na lingua certas concepcións da lóxica, buscar o número de categorías e a súa definición. Desta concepción partiu a busca dos universais da linguaxe. Os lingüistas do Círculo Lingüístico de Copenhaguen propoñían unha teoría das mutacións bruscas, por saltos, que permitía pasar dun estado a outro. Esta concepción explicaba a resolución das sincronías sucesivas na dinámica da diacronía. Con Louis Hjelmslev (Principios de gramática xeral, 1928; Prolegómenos a unha teoría da linguaxe, 1943-1953) e H. J. Uldall (Bosquexo de glosemática, 1952-1957), o grupo orientouse progresivamente cara a un estruturalismo abstracto e proporcionoulle á escola a teoría da glosemática (Traballos do Círculo Lingüístico de Copenhaguen, Acta Lingüística, Boletín do Círculo de lingüística de Copenhaguen).

Palabras veciñas

Copenhague | Copenhaguen | Copenhaguen | Copenhaguen, Círculo Lingüístico de | copépodo -da | copeque | copernicano -na