copépodo -da

copépodo -da

(< grκώπη ‘remo’ + gr ποδός ‘pé’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos copépodos.

  2. s m [ANIMAL]

    Crustáceo da subclase dos copépodos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Subclase de crustáceos da clase dos maxilópodos. De pequeno tamaño, non superan as máis das veces os 3 mm. Posúen un corpo alongado e afiado no extremo inferior, sen caparazón, con cinco metámeros na cabeza, un tórax con sete metámeros -dos que o primeiro e, ás veces, o segundo se fusionan coa cabeza para formar o cefalotórax-, catro metámeros abdominais e mais un telson. Presentan anténulas unirrámeas e un par de antenas moi longas. Teñen catro pares de patas aplanadas que lles serven para remar e un quinto par de patas reducido, axudados polos oito apéndices aplanados do abdome que serven tamén como remos. Respira mediante unha transferencia directa entre o corpo do animal e o medio acuático. As femias levan sacos cos ovos no abdome. A larva é do tipo nauplio, e o adulto presenta un ollo sinxelo disposto en posición central e anterior da cabeza. Existen especies de vida libre, que poden chegar a constituír o organismo máis abundante do zooplancto e por tanto da vida nos ecosistemas acuáticos, de vida parasita, de corpo moi modificado e outras de vida simbionte. Os principais xéneros son Calanus, Cyclops, Diaptomus, Ergasilus, Lernaea e Salmincola.