coquín
coquín
s
m
[ETN]
Persoa que percorría, nas primeiras horas da noite, as rúas de Santiago de Compostela para pedir aos veciños que rezasen polas almas dos defuntos do purgatorio e para que encomendasen a Deus a alma do arcebispo Alonso de Fonseca. Apareceu na primeira metade do s XVI, nomeado polo concello compostelán. Cara a 1694, coa negativa do concello, a Universidade encargouse de seguir sufragando os seus gastos ata principios do s XVII.