coquina
coquina
Nome científico:
[Donax vittatus, Fam dostelináceos]
s
f
[ANIMAL]
Molusco bivalvo de cuncha que mide o dobre de longa que de ancha (ata 40 mm). Presenta bordo dentado e vértice descentrado, superficie lisa e brillante de cor variable (dende o violeta ao acastañado por fóra e branco ou violeta na cara interior) e dous sifóns curtos. É unha especie propia das praias de area fina e lixeiramente lamacenta, das embocaduras dos ríos ou de lagoas litorais. Recóllese con angazos e raños. Presenta unhas características gustativas e culinarias semellantes basicamente ás da ameixa, moi popular sobre todo na costa de Andalucía occidental. Consómese tanto crúa coma en sopas e arroces. Tamén se denomina cadelucha, navalliña e ameixa negra.