Córdoba

Córdoba

Provincia da Comunidad Autónoma de Andalucía (13. 718 km2; 761.401 h [1996]). A capital é Córdoba. No seu relevo, moi diverso, destacan unha serie de unidades morfolóxicas, como Sierra Morena, a campiña cordobesa e o Sistema Bético. O clima é mediterráneo, con invernos suaves e veráns calorosos, cunha precipitación media anual de 600 mm. A economía baséase principalmente no sector industrial (cerámica, química e téxtil) e na agricultura (viña, oliveiras e cereais).