cordobán

cordobán

(< topónimo Córdoba)

  1. s m

    Pel curtida de cabra ou de macho cabrío.

  2. s m [ARTE]

    Coiro repuxado e pintado. Foi unha técnica decorativa empregada polos árabes e que acadou un gran desenvolvemento en España, principalmente en Córdoba, onde se realizaban en pel de cabra ou de macho cabrío e se decoraban con relevos e gravados.