Cordobés, Manuel

Cordobés, Manuel

Político do Baixo Miño. En 1933 foi elixido concelleiro en representación do Partido Republicano Radical da corporación municipal de Tui. Dous anos despois accedeu á alcaldía. Trala sublevación militar de 1936 participou na comisión xestora do concello, creada polos militares e presidida por José Peñarredonda.

Palabras veciñas

Córdoba, mesquita de | cordobán | cordobés -sa | Cordobés, Manuel | cordoeiro -ra | cordoería | cordón