corgo

corgo

(< lat corrŭgu ‘canle deauga’)

  1. s m

    Poza que se forma de maneira natural ou artificial na canle dos ríos para introducir os feixes de liño que, somerxidos na auga e con pedras enriba, serán empregados máis tarde no proceso de elaboración do tecido.

    Ex: Neste tempo os corgos están cheos de liño.

    Sinónimos: córrago.
  2. s m

    Burato que se forma nunha rocha ou depresión dun terreo, que se enche de auga cando chove.

    Ex: A chuvía encheu os corgos das pedras.

    Sinónimos: corga, córrago.
  3. s m
    1. Poza na que se recolle e garda a auga para regar.

      Ex: Este ano os veciños construíron un corgo de cemento para que beban os animais.

      Sinónimos: córrago.
    2. Rego que transporta esa auga.

      Ex: Limparon o corgo para poder regar o millo.

      Sinónimos: córrago.
  4. s m

    Terreo que está encharcado.

    Ex: Mollei os pés no corgo.

    Sinónimos: córrago.
  5. s m

    Canle pola que baixa unha corrente de auga.

    Ex: Os corgos están atuídos e non baixa ben a auga da chuvia.

    Sinónimos: corga, córrago.
  6. s m

    Camiño estreito e fondo que se estende por terreo irregular e entre valados altos.

    Ex: Houbo que esperar na cima do corgo a que pasase o carro do veciño.

    Sinónimos: canella, congostra, corga, córrago, corredoira.

Palabras veciñas

Corfú | Corfú | corga | corgo | Corgo, O | Corgo, O | Corgo, pazo do