corga
corga
(
-
s
f
Camiño ou terreo que presentan unha pendente moi pronunciada.
Ex: Foi alindar as vacas á corga porque tiña moita herba. Ó chegar á cima da corga non alentaba.
-
s
f
Pequeno outeiro que sobresae nunha chaira.
Ex: Outeaban dende a corga o que pasaba.
-
s
f
Canle pola que baixa unha corrente de auga.
Ex: Coa tromba de auga que caeu formouse unha corga moi grande.
Sinónimos: corgo, córrago. -
s
f
Camiño estreito e fondo, que discorre entre valos altos.
Ex: O tractor embazou na corga porque cargaran moi ancho.
Sinónimos: canella, congostra, corgo, córrago, corredoira. -
s
f
Burato nunha rocha ou depresión nun terreo, que se enche de auga cando chove.
Ex: Nos días de xeada fórmase carambelo nas corgas.
Sinónimos: corgo, córrago.