corredoira

corredoira

(< correr)

  1. s f

    Camiño estreito e máis fondo ca o terreo que o rodea.

    Ex: Vou limpar as silveiras daquela corredoira pola que xa pasa moi pouca xente.

    Sinónimos: congostra, corga, corgo, córrago, corredoiro.
  2. s f

    Camiño estreito que serve de paso para as leiras e terreos próximos.

  3. s f

    Pedra do muíño empregada para moer ao xirar sobre outra fixa.

Palabras veciñas

corredentor -ra | corredío -a | corredizo -za | corredoira | Corredoira | Corredoira | Corredoira