corredoiro
corredoiro
(< correr)
-
s
m
Camiño estreito e máis fondo ca o terreo que o rodea.
Ex: Camiñaron polo corredoiro ata que chegaron ó monte.
Sinónimos: congostra, corga, corgo, córrago, corredoira. -
s
m
Parte do eixe do carro en forma de rebaixe que permite o xiro entre as treitoiras.
-
domingo corredoiro
[ETN]
Domingo anterior ao de Entroido no que, tradicionalmente, se fai a corrida do galo. Os protagonistas son os mozos e mozas que van tirando farelo, relón de fariña e mesmo formigas vivas que apañaron para a ocasión.