corredoiro

corredoiro

(< correr)

  1. s m

    Camiño estreito e máis fondo ca o terreo que o rodea.

    Ex: Camiñaron polo corredoiro ata que chegaron ó monte.

    Sinónimos: congostra, corga, corgo, córrago, corredoira.
  2. s m

    Parte do eixe do carro en forma de rebaixe que permite o xiro entre as treitoiras.

  3. domingo corredoiro [ETN]

    Domingo anterior ao de Entroido no que, tradicionalmente, se fai a corrida do galo. Os protagonistas son os mozos e mozas que van tirando farelo, relón de fariña e mesmo formigas vivas que apañaron para a ocasión.