corga

corga

(

  1. s f

    Camiño ou terreo que presentan unha pendente moi pronunciada.

    Ex: Foi alindar as vacas á corga porque tiña moita herba. Ó chegar á cima da corga non alentaba.

  2. s f

    Pequeno outeiro que sobresae nunha chaira.

    Ex: Outeaban dende a corga o que pasaba.

  3. s f

    Canle pola que baixa unha corrente de auga.

    Ex: Coa tromba de auga que caeu formouse unha corga moi grande.

    Sinónimos: corgo, córrago.
  4. s f

    Camiño estreito e fondo, que discorre entre valos altos.

    Ex: O tractor embazou na corga porque cargaran moi ancho.

    Sinónimos: canella, congostra, corgo, córrago, corredoira.
  5. s f

    Burato nunha rocha ou depresión nun terreo, que se enche de auga cando chove.

    Ex: Nos días de xeada fórmase carambelo nas corgas.

    Sinónimos: corgo, córrago.

Palabras veciñas

corfiota | Corfú | Corfú | corga | corgo | Corgo, O | Corgo, O