corredor -ra

corredor -ra

(< correr)

    1. adx e s

      Que ou quen corre.

      Ex: Aposto por ese cabalo porque é moi corredor.

    2. s

      Persoa que toma parte nunha carreira.

      Ex: Os corredores inscritos deben presentarse no pavillón antes da carreira.

    3. s m

      Soldado que se enviaba antigamente para descubrir e observar o inimigo.

    1. s [ECON]

      Persoa que fai de intermediaria en operacións mercantís, poxas, peñores, etc, polo que percibe unha comisión ou retribución.

    2. s [HIST]

      Pregoeiro oficial dun municipio ou doutra administración pública encargado da comunicación ou difusión de avisos e disposicións, entre outras obrigas. Antigamente, denominábase corredor de trompeta ou trompeta, por mor do instrumento que utilizaba para chamar a atención.

    3. corredor de bolsa [ECON]

      Axente encargado da mediación nas operacións do mercado de valores por conta dun particular.

    4. corredor de cambios [HIST]

      Axente encargado de solicitar letras ou diñeiro prestado, e que axusta os cambios de interese.

    5. corredor de comercio [DER]

      Axente mediador encargado da promoción e intervención de contratos mercantís entre as partes, dando fe dos mesmos na súa condición de feudatario público colexiado. A súa intervención acredita a identidade e a capacidade dos contratantes, ademais do outorgamento do acto ou contrato. Dá fe dos asentos contables dos libros de contas e das pólizas expedidas. Actúa nas prazas mercantís que non dispoñen de bolsa de comercio.

    6. corredor de mercadorías ou de lonxa [HIST]

      Corredor encargado de asistir aos mercadores na distribución do seu xénero, solicitando compradores.

    7. corredor de seguros [DER]

      Persoa física ou xurídica que realiza a actividade mercantil de mediación en seguros privados, sen manter vínculos que supoñan afección con entidades aseguradoras, ofrecendo asesoramento imparcial a quen pretende contratar un seguro. Diferénciase dos axentes de seguros en que non está unido a ningunha compañía aseguradora.

    8. corredor intérprete de buques [DER]

      Axente colexiado que actúa no comercio marítimo, exercendo de feudatario público nos contratos nos que intervén. Serve de intérprete e tradutor dos capitáns de buques estranxeiros e representa en xuízo aos navieiros, consignatarios e capitáns de buques estranxeiros se estes non comparecen.

  1. s m
    1. Paso, en xeral longo e estreito, no interior dunha edificación, que comunica distintos compartimentos.

      Ex: Pasoulle unha capa de verniz ó corredor que dá ós cuartos.

    2. Parte da casa constituída por unha estrutura de madeira disposta de forma horizontal e un chan de táboas ou lousas de xisto fixadas sobre un entramado que se sitúa ao longo da fachada principal. Complétase cuns lixeiros esteos que soportan a cuberta, prolongación do tellado da casa, e protéxese cunha varanda. Hai lugares nos que está totalmente pechado, de maneira que se incorpora como unha dependencia máis do piso. Serve de protección nas zonas de clima rigoroso e de secadoiro para os produtos do campo.

      Ex: Pasa o tempo lendo no corredor polas mañás.

      Confrontacións: balcón, galería, solaina.
    3. Parte lateral da cuberta dunha embarcación que permite pasar de proa a popa polos lados da caseta.

      Ex: Deitouse a tomar o sol no corredor do barco.

    4. [ARQUEOL]

      Pasaxe estreita que conduce á cámara ou anta megalítica.

  2. s m

    Peza do carro que serve para encaixar o leito do carro co eixe.

  3. s m [XEOG]

    Franxa de territorio dun estado interior que atravesa o territorio doutro para servirlle ao primeiro de acceso a un porto marítimo.

  4. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Ave duns 23 cm de lonxitude e de corpo esvelto. Presenta unha plumaxe de cor amarela pálida, pernas longas de cor crema, peteiro curto, aguzado e curvado cara a abaixo e cunha liña superciliar branca e outra negra dende o ollo ata o cocote. É moi veloz, pero corre poucas veces, e voa amosando as ás, que son negras. Vive en estepas, subdesertos e áreas de solo areoso de gran parte de Europa, ata o Reino Unido polo oeste e ata Escandinavia polo norte.

  5. corredor aéreo [AERON]

    Ruta aérea, definida por radiobalizas, obrigatoria para as aeronaves por mor da densidade de tránsito ou de xurisdición do espazo aéreo.

  6. corredor de fume [TECNOL]

    Conduto por onde circulan os gases procedentes da combustión ata a cheminea nas caldeiras de vapor.