corredor -ra
(< correr)
-
-
adx e s
Que ou quen corre.
Ex: Aposto por ese cabalo porque é moi corredor.
-
s
Persoa que toma parte nunha carreira.
Ex: Os corredores inscritos deben presentarse no pavillón antes da carreira.
-
s
m
Soldado que se enviaba antigamente para descubrir e observar o inimigo.
-
adx e s
-
-
s
[ECON]
Persoa que fai de intermediaria en operacións mercantís, poxas, peñores, etc, polo que percibe unha comisión ou retribución.
-
s
[HIST]
Pregoeiro oficial dun municipio ou doutra administración pública encargado da comunicación ou difusión de avisos e disposicións, entre outras obrigas. Antigamente, denominábase corredor de trompeta ou trompeta, por mor do instrumento que utilizaba para chamar a atención.
-
corredor de bolsa
[ECON]
Axente encargado da mediación nas operacións do mercado de valores por conta dun particular.
-
corredor de cambios
[HIST]
Axente encargado de solicitar letras ou diñeiro prestado, e que axusta os cambios de interese.
-
corredor de comercio
[DER]
Axente mediador encargado da promoción e intervención de contratos mercantís entre as partes, dando fe dos mesmos na súa condición de feudatario público colexiado. A súa intervención acredita a identidade e a capacidade dos contratantes, ademais do outorgamento do acto ou contrato. Dá fe dos asentos contables dos libros de contas e das pólizas expedidas. Actúa nas prazas mercantís que non dispoñen de bolsa de comercio.
-
corredor de mercadorías ou de lonxa
[HIST]
Corredor encargado de asistir aos mercadores na distribución do seu xénero, solicitando compradores.
-
corredor de seguros
[DER]
Persoa física ou xurídica que realiza a actividade mercantil de mediación en seguros privados, sen manter vínculos que supoñan afección con entidades aseguradoras, ofrecendo asesoramento imparcial a quen pretende contratar un seguro. Diferénciase dos axentes de seguros en que non está unido a ningunha compañía aseguradora.
-
corredor intérprete de buques
[DER]
Axente colexiado que actúa no comercio marítimo, exercendo de feudatario público nos contratos nos que intervén. Serve de intérprete e tradutor dos capitáns de buques estranxeiros e representa en xuízo aos navieiros, consignatarios e capitáns de buques estranxeiros se estes non comparecen.
-
s
[ECON]
-
s
m
-
Paso, en xeral longo e estreito, no interior dunha edificación, que comunica distintos compartimentos.
Ex: Pasoulle unha capa de verniz ó corredor que dá ós cuartos.
-
Parte da casa constituída por unha estrutura de madeira disposta de forma horizontal e un chan de táboas ou lousas de xisto fixadas sobre un entramado que se sitúa ao longo da fachada principal. Complétase cuns lixeiros esteos que soportan a cuberta, prolongación do tellado da casa, e protéxese cunha varanda. Hai lugares nos que está totalmente pechado, de maneira que se incorpora como unha dependencia máis do piso. Serve de protección nas zonas de clima rigoroso e de secadoiro para os produtos do campo.
Ex: Pasa o tempo lendo no corredor polas mañás.
Confrontacións: balcón, galería, solaina. -
Parte lateral da cuberta dunha embarcación que permite pasar de proa a popa polos lados da caseta.
Ex: Deitouse a tomar o sol no corredor do barco.
-
[ARQUEOL]
Pasaxe estreita que conduce á cámara ou anta megalítica.
-
-
s
m
Peza do carro que serve para encaixar o leito do carro co eixe.
-
s
m
[XEOG]
Franxa de territorio dun estado interior que atravesa o territorio doutro para servirlle ao primeiro de acceso a un porto marítimo.
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave duns 23 cm de lonxitude e de corpo esvelto. Presenta unha plumaxe de cor amarela pálida, pernas longas de cor crema, peteiro curto, aguzado e curvado cara a abaixo e cunha liña superciliar branca e outra negra dende o ollo ata o cocote. É moi veloz, pero corre poucas veces, e voa amosando as ás, que son negras. Vive en estepas, subdesertos e áreas de solo areoso de gran parte de Europa, ata o Reino Unido polo oeste e ata Escandinavia polo norte.
-
corredor aéreo
[AERON]
Ruta aérea, definida por radiobalizas, obrigatoria para as aeronaves por mor da densidade de tránsito ou de xurisdición do espazo aéreo.
-
corredor de fume
[TECNOL]
Conduto por onde circulan os gases procedentes da combustión ata a cheminea nas caldeiras de vapor.