Corredor

Corredor
[ONOM]

Apelido que ten a súa orixe nun alcume profesional aplicado aos individuos que tiñan por oficio transportar as mercadorías. Xa se documenta no s XII: “Pelagio Corredor” (doc ano 1132 en Santiago Montero Díaz “La colección diplomática de San Martín de Jubia [Ferrol]”, BUSantiago 7, 25, 1935, p 78).