Coro Arpegios Cantabile
Agrupación coral infantil fundada en abril de 1986 por iniciativa de José Luis Lorenzo Rodríguez. Ao longo da súa traxectoria musical participou en numerosos festivais e eventos culturais como o II Concurso Pelegrín de Composición de Vilancicos e Panxoliñas (1994) e nos encontros corais da Ribeira do Baixo Miño en Monção, Valença do Minho, Vila Nova de Cerveira e Vila Praia de Âncora. Así mesmo, destacan as súas actuacións realizadas no Teatro Lope de Vega de Ocaña, no Teatro Principal de Pontevedra, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, no Teatro Principal de Ourense e na Sagrada Familia de Barcelona. En 1991 obtivo o III Premio no Concurso de la Canción Marinera de Portugalete e en 1996 o I Premio no II Certame de Coros de Galicia. Na súa discografía destaca o traballo Canto á Guarda (1994).