Coro Clásico de Vigo

Coro Clásico de Vigo
[MÚS]

Agrupación coral fundada en 1978 polo seu director Joaquín Carvajal en colaboración con Moisés Alonso, organista da catedral de Tui-Vigo. Presentouse en decembro dese mesmo ano na igrexa dos Capuchinos de Vigo. Membro da Federación Coral Galega (FECOGA), foi un dos pioneiros en Galicia en incluír preferentemente no seu repertorio compositores da polifonía dos ss XV, XVI e XVII (cancioneiros de Palacio, Upsala, Guerrero, Morales e Tomás Luis de Victoria), ademais de pezas do s XX e folclore galego. Realizou numerosas actuacións no territorio galego, no norte de Portugal e noutras cidades de España e participou, entre outros eventos, no Certame Internacional de Tolosa e no de Avilés.