Coroa Boreal

Coroa Boreal
[ASTRON]

Constelación do hemisferio boreal situada entre as de Hércules e a da Serpe. É moi pequena, pero de forma ben definida, posto que sete das súas estrelas principais debuxan un arco de círculo no firmamento. Ten 36 estrelas visibles a simple vista, das que α-Coronae Borealis, de segunda magnitude, é unha dobre espectroscópica situada a 71 anos luz, cuns compoñentes de magnitudes 2,31 e 2,42.

Palabras veciñas

coro- | coroa | Coroa Austral | Coroa Boreal | coroación | Coroado | coroado -da