coroación
(< latcorōnatĭōne)
-
s
f
-
Acción de coroar ou coroarse.
Ex: Napoleón ordenou a súa coroación como emperador.
-
[HIST]
Cerimonia de imposición da coroa a un soberano. Trátase dun acto de carácter público e solemne que, en xeral, forma parte da entronización. A súa orixe está na unción dos reis de Israel narrada no Antigo Testamento, aínda que se considera que o primeiro soberano coroado foi o Emperador Constantino. Nos países de tradición cristiá tiña, en parte, un carácter litúrxico e estaba precedida pola consagración ou unción. A coroación introduciuse na corte bizantina cara á segunda metade do s V e practicouse despois, seguindo o seu exemplo, na corte visigótica e na corte carolinxia. O carolinxio Pipino o Breve foi coroado en dúas ocasións (751 e 754), e Carlomagno foi coroado polo papa o 25 de decembro do ano 800, aínda que previamente, no 774, xa fora coroado como rei dos longobardos coa coroa de ferro. Dende aquela, a coroación dos emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico realizouna o papa. Os visigodos incluíron no cerimonial da coroación a unción e os ritos do Antigo Testamento. Nos reinos de Asturias, León e Castela a cerimonia de coroación mantívose ata a Baixa Idade Media. O derradeiro monarca en ser coroado foi Xoán II; a partir de entón os reis foron recoñecidos polas cortes e proclamados por todo o reino. Na Coroa de Aragón, os monarcas sempre foron coroados e impoñíanse a coroa eles mesmos. A coroación dos monarcas do s XX adoita ser unha cerimonia sinxela agás no Reino Unido, onde se mantén a tradición pola que o arcebispo de Canterbury, máxima autoridade da igrexa anglicana, coroa o monarca na abadía de Westminster. A coroación foi un motivo empregado polos artistas cunha visión, en xeral, de glorificación do coroado. Entre outras representacións, destacan o marfil bizantino da coroación de Romano II e Le sacre de l’empereur Napoleon Ier (A coroación do Emperador Napoleón I, 1805-1807), de Jacques-Louis David.
-
Cerimonia na que se coroa a alguén, especialmente a un poeta.
Ex: A coroación de Curros Enríquez tivo lugar no Teatro Principal da Coruña en 1904.
-
-
s
f
Remate dunha cousa material ou inmaterial.
Ex: A coroación de edificio é de forma circular. Os premios internacionais foron a coroación de toda unha vida dedicada á arte.
Sinónimos: coroamento. -
s
f
[ARQUIT]
Motivo ornamental que remata algunha cousa, especialmente un edificio.
Sinónimos: coroamento. -
[ARTE]
-
coroación da virxe
Iconografía que representa a coroación da Virxe por Deus, Cristo, a Trindade ou os anxos. Trátase dunha temática presente no ciclo iconográfico da vida da Virxe. Cultivárona, entre outros, Giotto, frei Angelico, Filippo Lippi, Rafaello Sanzio, Rubens, o Greco e Velázquez.
-
coroación de espiñas
Iconografía que representa o momento da imposición da coroa de espiñas a Xesús. Tratáse dunha temática moi presente na tradición artística occidental como unha das pasaxes do ciclo da paixón, presente en moitos retablos e pinturas. Cultivárona, entre outros, Giotto, frei Angelico, o Bosco, Tiziano, Caravaggio e Tintoretto. Unha variedade do tema é o Ecce Homo.
-
coroación da virxe