coroamento
(< coroar)
-
s
m
Acción de coroar ou coroarse.
Sinónimos: coroación. -
s
m
Remate dunha cousa material ou inmaterial.
Ex: O coroamento desa obra é un importante traballo de enxeñería. O éxito no mercado foi o coroamento do labor de lanzamento da nova publicación.
Sinónimos: coroación. -
s
m
[ARQUIT]
Conxunto de adornos que coroan a parte máis alta dun edificio. Adoita ser un motivo calado, vexetal ou xeométrico, que se repite ao longo da coroa do edifico. Foi moi empregado na arquitectura gótica.
Sinónimos: coroación. -
s
m
[BÉL]
Conxunto de ameas dunha fortificación.
-
[MAR]
-
s
m
Contorno superior na liña curva da cobertura coa que acaba a popa dos barcos formando un arco convexo.
-
coroamento de popa
aranda situada na popa sobre a que se coloca o motor da embarcación, acompañado, máis cara ao exterior, da bandeira distintiva do país de orixe.
-
s
m
-
[BÉL]
-
s
m
Conquista dunha posición.
-
coroamento do camiño cuberto
Operación militar realizada no sitio dunha praza que consiste en colocar un soldado no camiño cuberto da muralla para despois continuar dende alí o asalto.
-
s
m
-
s
m
[MED]
Momento no que o feto comeza a sacar a cabeza a través da vulva da nai no período expulsivo do parto.