coroar
(< lat corōnāre)
-
v t
Antónimos:
destronar.
-
Poñer unha coroa na cabeza a alguén.
Ex: Coroárono como vencedor do torneo.
-
Colocarlle unha coroa a un rei, emperador ou papa como insignia de dignidade soberana antes de comezar o seu mandato.
Ex: Carlomagno foi coroado emperador de occidente polo Papa León III.
Antónimos: destronar.
-
-
v t
-
Rematar ou constituír algo a perfección dunha cousa.
Ex: O éxito coroou os nosos esforzos. A súa última novela coroa unha triloxía espléndida.
-
Chegar á parte máis alta dun lugar elevado.
Ex: Onte coroou o cumio do monte.
-
Estar unha persoa ou cousa na parte superior de algo.
Ex: Unha cúpula coroa o edificio. Un adobío de ouro coroa a esfera do reloxo. A neve coroa Pena Trevinca todo o inverno.
-
-
v t
[BÉL]
Ocupar unha posición gañada aos seus defensores.
Ex: O obxectivo da milicia era coroar a praza forte do inimigo.
-
v t
[XOGO]
-
Chegar, no xogo do xadrez, á oitava casa do taboleiro cun peón, que se cambia por calquera outra peza.
-
Poñer, no xogo das damas, unha ficha sobre outra cando chega a ser dama para diferenciala das demais.
-
-
v i e pron
[MED]
Comezar a sacar a cabeza o feto a través da vulva da nai no período expulsivo do parto.
-
v pron
Proclamarse rei ou emperador unha persoa nun acto oficial no que se lle cingue unha coroa enriba da cabeza como símbolo de dignidade soberana antes do seu reinado.
Ex: Napoleón coroouse emperador.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coroo
coroas
coroa
coroamos
coroades
coroan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coroaba
coroabas
coroaba
coroabamos
coroabades
coroaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coroei
coroaches
coroou
coroamos
coroastes
coroaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coroara
coroaras
coroara
coroaramos
coroarades
coroaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coroarei
coroarás
coroará
coroaremos
coroaredes
coroarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coroaría
coroarías
coroaría
coroariamos
coroariades
coroarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coroe
coroes
coroe
coroemos
coroedes
coroen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coroase
coroases
coroase
coroasemos
coroasedes
coroasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coroar
coroares
coroar
coroarmos
coroardes
coroaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
coroa
-
-
coroade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coroar
coroares
coroar
coroarmos
coroardes
coroaren
coroada
coroados
coroadas