Coroado

Coroado

Apelido que ten a súa orixe nun alcume. A dificultade para establecer o motivo do alcume reside no problema de identificación da coroa á que se refire. Non parece ter relación cun acto de coroación verdadeiro, senón cunha característica física do individuo portador do alcume, como pode ser a presenza dunha calva; de feito, as calvas teñen, en moitas ocasións, formas circulares. Tamén os eclesiásticos levaban un corte de pelo con forma de coroa. Documéntase no s XIV: “Matin Perez Coroado” (doc ano 1309 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 412). Este apelido galego practicamente está desprazado polo castelanismo Coronado.

Palabras veciñas

Coroa Austral | Coroa Boreal | coroación | Coroado | coroado -da | coroamento | coroar