correctivo -va

correctivo -va

(< correcto)

  1. adx

    Que ten a virtude de corrixir.

    Ex: Os quitamanchas son substancias correctivas.

  2. s m

    Castigo ou reprimenda que se emprega para corrixir unha conduta.

    Ex: Levou un serio correctivo pola súa actitude violenta na escola.

  3. s m [MED]

    Produto que se engade a un medicamento para melloralo ou disimular algunhas das súas características organolépticas.

Palabras veciñas

correccionalismo | Correchouso | correctio* | correctivo -va | correcto -ta | corrector -ra | corredeira