corredeira
corredeira
(
s
f
[MAR]
Aparello que mide a velocidade aparente dun barco. A antiga consiste nunha peza de madeira en forma de sector circular que flota no punto onde caeu, mentres se vai soltando corda desde a embarcación en marcha, feito que permite coñecer a distancia percorrida pola embarcación nun tempo dado e, polo tanto, a velocidade. A corredeira mecánica mide mediante o movemento de rotación que toma un eixe con ás helicoidais somerxido na auga cando a embarcación está en marcha. Tamén existe a corredeira pneumática, que actúa pola presión dinámica que exerce a auga sobre o casco do barco e que é proporcional á velocidade deste.