Corrientes

Corrientes

Provincia do NO da Arxentina, na rexión Litoral (88.199 km2; 852.685 h [estim 1995]). A capital é Corrientes (258.103 h [1991]). Drenada polos ríos Paraná, Uruguay e os seus afluentes, a abundancia de cauces fluviais na rexión foi o que levou aos conquistadores españois a bautizala co seu nome actual. O clima é temperado cálido. Os principais tipos de vexetación son o bosque en galería e a estepa de gramíneas. Entre as principais actividades económicas destacan a agricultura, a explotación forestal, a gandería e a industria, baseada sobre todo nos derivados agrícolas, no sector téxtil e nos estaleiros da capital.