Corte Inglés SA, El

Corte Inglés SA, El

Empresa comercial establecida en 1935 en Madrid a partir dun almacén de roupas que abriu o empresario Ramón Areces Rodríguez, trala adquisición dunha xastrería orixinaria do s XIX. A expansión do negocio levou á constitución dunha sociedade anónima en 1952 e ao inicio da actividade en grandes almacéns, segundo o concepto de tenda por departamentos. Trala morte de Areces en 1989, o seu sucesor na presidencia do consello de administración, Isidoro Álvarez Álvarez, continuou a política de expansión xeográfica e de continua ampliación da oferta de produtos e servicios, baseada no sistema de autofinanciamento de cada un dos centros. Este crecemento deu lugar a un importante grupo empresarial formado por Hipercor SA, Viajes El Corte Inglés SA, Grupo de Seguros El Corte Inglés, Financiera El Corte Inglés, Construción, Promociones e Instalaciones SA e Editorial Centro de Estudios Ramón Areces SA, entre outras. En Galicia posúe tres centros: Vigo (establecido en 1975), A Coruña (1986) e Santiago de Compostela (1998).