1 corte
(
-
s
m
Acción e efecto de cortar ou cortarse.
Ex: Non pode mover o brazo polo corte que ten. Cobre cun pano de mesa o corte do xamón. O corte da herba quedou moi alto.
-
s
m
Lado afiado dun instrumento que corta.
Ex: O corte da machada está cego e haino que afiar.
Sinónimos: gume, fío, fío. -
s
m
Arte de cortar as pezas de vestir.
Ex: Estudia corte e confección.
-
s
m
[MAR]
Unión entre as táboas que conforman os costados do barco.
-
corte dun edificio
[ARQUIT]
Sección, real ou imaxinaria, dun edificio, que permite a análise das súas partes e dos seus elementos.
-
corte falso
[ARQUIT]
Dirección dunha xunta da cabeza dunha doela que é oblicua respecto ao arco.
-
corte histolóxico
[BIOL]
Corte moi fino dun tecido (dun grosor da orde de 10 μm) que se obtén co micrótomo e que, unha vez tinguido, se observa co microscopio para estudar as células que o compoñen ou, coma no caso das biopsias, outras características.
-
corte xeolóxico
[XEOL]
Representación esquemática da sección dunha zona da codia terrestre que permite ver o perfil topográfico e a estrutura xeolóxica. Realízase a partir dos datos que se obteñen da confección do mapa xeolóxico, interpretándoos conxuntamente cos datos de superficie, para averiguar a disposición estrutural en profundidade.